Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: info@iesdevios.org

Benvidos ao IES de VIÓS

122
ALUMNADO
0
PROFESORADO
0
GRUPOS

Información xeral do IES de VIÓS

Contactar

Teléfonos de contacto
Conserxería: 881 960 793
Secretaría: 881 960 795
Dirección: 881 960 794
Xefatura de estudios: 881 960 796
Correo electrónico: ies.vios@edu.xunta.es

Calendario de exames

Aquí poderás ver os calendarios de exames según curso e grupo

Novas

abalarMóbil

Aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos desde calquera lugar.

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).

O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para elo debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.

Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.

A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido, para poder visualizar os datos do alumno.

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE (base de datos do centro educativo).

Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro e solicitar que se actualicen os números de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.

O número de teléfono móbil que utilice para acceder á aplicación abalarMóbil soamente pode estar asociado a un usuario, é dicir, nin o alumno nin ningún outro responsable pode ter rexistrado ese mesmo número de teléfono.

Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro educativo e solicitar que modifiquen os números de teléfono móbil que están asociados ao alumno e/ou aos responsables.

O contrasinal de usuario debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Conter como mínimo 4 carácteres.
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.

Si. Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderá proceder ao rexistro no seguinte dispositivo, utilizando o mesmo número de teléfono.

Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal que deberá ser diferente aos 5 últimos elixidos, é dicir, se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que poderá acceder á aplicación desde calquera dos dispositivos.

Se realizou un novo rexistro e aínda conserva activa a sesión dalgún outro dispositivo, deberá volver a identificarse co novo contrasinal.