11 febreiro, Día Internacional da muller e a nena na ciencia: actividades e lecturas

Dende o ano 2015 celebramos o 11 DE FEBREIRO como o Día Internacional das mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía. Este día foi establecido pola ONU. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas. 

No IES de Viós os profesores e profesoras dos departamentos de ciencias organizaron dúas videoconferencias, para 2º e 4º de ESO.

En 2º puideron disfrutar da charla virtual da Doctora Vanessa Valdiglesias García, bióloga e investigadora española moi nova que estudiou en varias universidades, entre elas a da Coruña onde rematou a súa tesis.

Doutora Vanessa Valdiglesias García

En 4º tiveron a grandísima oportunidade de escoitar e conversar con Lorena Boquete Vilariño, bióloga da Coruña que traballa nun laboratorio de investigación en Inglaterra onde fixo o seu doutorado. A súa charla, que tratou sobre a tecnoloxía na edición xenética, aglutinou as distintas disciplinas que son precisas para o seu traballo como a historia, as matemáticas, as linguas estranxeiras, as ciencias.

Doutora Lorena Boquete Vilariño

Cantas mulleres científicas coñeces? Ao mellor non moitas, porque a pesares da grandiosidade dos seus descubrimentos ou fazañas o xénero feminino nunca foi tan celebrado como debería, podemos dicir que non se lle promocionou moito. Nestes recursos poderás coñecer unha morea de mulleres sobresaíntes no mundo da ciencia.

WEB MULLERES CON CIENCIA

SERIE DE ANIMACIÓN: LA MUJER EN LA CIENCIA

WEB CON LECTURAS SOBRE MULLERES- NENAS CIENTÍFICAS E CIENCIAS

Se pasas pola biblio poderás atopar algúns destes libros e quizáis algúns máis que temos seleccionados para ti.

Coñece a campaña #NOMOREMATILDAS promovida pola Asociación de mujeres investigadoras y tecnólogas.