A nosa profesora de matemáticas Nieves Díaz fíxonos unha detalladísima ruta rosaliana en Google maps á que podemos acceder dende a súa páxina web:
Paralelamente aos lugares nos que Rosalía viviu e traballou como escritora, podemos seguir unha liña temporal con explicacións detalladas das súas vicisitudes, á que lle foron engadidos enlaces a webs relacionadas con ese momento da súa vida así como fotos que nos acercan máis á súa xeografía histórico-literaria.
Asimesmo, atoparás un terceiro grupo de lendas que fan referencia ao percorrido xeográfico-literario, é dicir a toda a información relativa á súa obra escrita, onde e cando foi editada.
Mapa con lendas Detalle da Ruta Rosaliana en Galicia Enlaces relacionados coa vida e obra de Rosalía
Na terceira foto ofrecemos un detalle dun apartado con enlaces relacionados que a nosa profe incorporou á páxina para completar a documentación e poder así afondar na información do noso personaxe. Tanto os enlaces como todo este proxecto da Ruta Rosaliana son froito de varias semanas de investigación exhaustiva pola súa parte.

elaborada a partires da información obtida nesta investigación.
O próximo 24 de febreiro, Nieves explicará a Ruta Rosaliana ao alumnado de 3º e 4º de ESO. Ademáis informará ao alumnado de como crear unha ruta en google maps que eles mesmos poderán poñer en práctica posteriormente.
Agradecemos a Nieves a súa inmensa labor de colaboración co equipo de EDLG, así como a súa contribución ao proxecto de centro proposto dende a Biblioteca: as Xeografías Lectoras e que ten como fin promover a lectura e o traballo de investigación entre o alumnado.
Bibliografía utilizada:
BOUZA-BREY TRILLO, Fermín, Apuntes para una bio-bibliografía documentada de Rosalía de Castro. 1970-71.
LAMA, María Xesús, Rosalía de Castro, Cantos de independencia e libertade. 1837-1863.
Demostra o que aprendiche respondendo estas preguntas.