Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

Circular ANPA de inicio de curso

Benqueridas familias, 

damos inicio a un curso no que nos enfrontamos a novos retos. O que non cambia é a nosa vontade de estar presente no día a día do centro acompañando aos nosos fillos e fillas nesta etapa da súa vida.

Estamos a preparar o inicio do curso e xa tivemos varias reunións coa dirección do centro para planificar algunhas accións a levar a cabo que precisan da vosa colaboración. Para axudarnos nesta labor é fundamental o voso apoio facéndovos socios/as. Agradecemos que os ingresos se efectúen o antes posible para poder planificar actividades en función do noso presuposto.

Mantemos a mesma cuota que cursos pasados 20 euros por familia para este curso que xa podedes ingresar na conta de ABANCA:

ES34 2080 0044 4930 4001 1233

No concepto debe indicarse o nome e apelidos do alumno/a.

Ademáis, especialmente neste curso, é importante manter actualizados os datos de contacto dos socios/as polo que podedes remitirnos ao correo da ANPA (ampavios@hotmail.com) a seguinte información:

  • Nomes e apelidos da nai /pai/titor legal 
  • Correo electrónico e teléfono de contacto
  • Nome fillos/as  matriculados no centro

Por último, queremos comunicarvos que estamos a preparar unha reunión. O principal motivo desta reunión é que a actual Secretaria da ANPA deixa o seu cargo porque xa non ten fillos/as matriculados/as no centro polo que precisamos renovar a directiva. Tamén trataremos temas como o estado das contas, o Banco de libros ou aqueles outros que vos preocupen.

Este ano a reunión debe ser planificada con máis antelación pois débese cumprir os protocolos sanitarios e respectar o aforo. Polo tanto precisamos saber cantas persoas teñen intereses en acudir a esta reunión para buscar un local axeitado. Os que estades interesados en asistir por favor enviade un correo electrónico á dirección da ANPA antes do día 23, non vos compromete a asistir pero axudaranos a organizar unha reunión segura para todos/as. A data e hora desta reunión comunicarase a través da convocatoria da asamblea que colgaremos tamén na páxina do IES.

Moitas grazas pola atención, un saúdo

A directiva