Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: info@iesdevios.org

INFORMACIÓN ANPA BANCO DE LIBROS IES DE VIÓS 2020

Banco de Libros de Abegondo, Xuño 2020

Benqueridos socios, ao igual que nos últimos anos o número de socios do Banco de Libros de Abegondo segue a medrar, formando parte del a maioría do alumnado dos cursos que se poden beneficiar desta iniciativa. Este Banco de Libros está xestionado polas ANPAs do CEIP San Marcos e do IES de Vios

O Banco de Libros das nosas ANPAs é independente das axudas que para o mesmo fin concede a Xunta de Galicia. Estas axudas (emisión de cheques para a compra de libros de texto ou préstamo de libros) regúlanse por unha normativa que establece a Xunta de Galicia e solicítanse nos centros.

INFORMACIÓN XERAL DO FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS DAS ANPAS DE ABEGONDO:

  • Pódese pertencer ao mesmo tempo ao Banco de Libros xestionado pola Xunta e ao Banco de Libros xestionado polas ANPAs. Neste caso as ANPAs prestamos os libros que non vos faciliten no voso centro.
  • Para formar parte do Banco de Libros da Xunta hai que presentar unha documentación nos prazos que a Xunta estableza ( este ano o prazo é ata o 19.Xuño.2020) e cumprir unha serie de requisitos que se publican no DOGA. Para formar parte do Banco de Libros das ANPAs non se pide ningún requisito previo. So hai que poñerse en contacto coas correspondentes directivas. A condición de socio adquírese pagando unha cuota de alta de 25 euros por alumno, ou ben ao donar un xogo de libros que se poida utilizar nun dos centros, Abegondo ou Vios. Asimesmo hai que pagar as cuotas anuais que se poidan establecer derivadas do gasto realizado cada curso, informerémosvos a través de circulares ou mediante reunión das mesmas. Unha vez que sodes socios contamos con vós para cursos sucesivos, salvo que comuniquedes o contrario. Queremos favorecer a permanencia de socios dun ano para outro polo que se estableceu que se alguén se da de baixa durante máis dun curso e logo se quere dar de alta de novo, a cuota de entrada serían 70 euros por alumno.
  • Soamente se prestan libros de texto. Non se prestan cuadernillos, estes corren por conta do alumno. Actualmente préstanse libros a partires de terceiro de primaria.
  • Hai que coidar os libros que se prestan, polo que é moi recomendable fórralos. Non está permitido escribir neles, e se se fai con lapis hai que borralos antes de entregalos.
  • Para identificar os libros pódeselle poñer unha pegatina co nome do alumno ou similar durante o curso, pero habería que quitarlla antes de entregalos.
  • Os libros entréganselles aos alumnos no seu centro educativo, nas primeiras semanas do curso 2020/21. Informarase do mecanismo nesas datas.
  • É imprescindible comunicar a perda ou deterioro que impida seguir usando un libro. A primeira vez que un socio do Banco de Libros das ANPAs se vexa nesta situación repónselle o libro, se acontece máis dunha vez hai que abonar o custo do libro ou facilitarnos outro en bo estado.
  •  Se nas entregas de libros que están formados por varios volumes non se entrega algún deles ese libro conta como non entregado.

Para o financiamento do Banco de Libros das ANPAs contamos coa axuda do Concello de Abegondo que nos últimos anos colabora con nós. Asimesmo as vosas aportacións económicas fan posible o éxito desta iniciativa. Se queredes serguir colaborando podedes animar a persoas coñecidas que teñan libros que aínda se poidan usar a que nolos donen, así seguiremos medrando. Recordade que a donación de libros pode constituir unha forma de darse de alta como socio

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA PARA OS SOCIOS, ESO e Bacharelato

Debido as peculiaridades deste curso 2019/20, non vos podemos concretar a forma na que precederemos para a recollida dos lotes en préstamo pero estamos a colaborar co IES de Vios e coa librería O Bieiteiro para atopar a mellor fórmula.

Os libros prestados ao alumnado do IES de Vios recolleranse no propio instituto durante o plazo de matrícula e entrega de libros do centro e será con cita previa: do 1 ao 10 de xullo. Para máis información consultar a documentación da sección “Planificación Final do curso 19-20” da Web do IES de Vios.

Os libros prestados ao alumnado de Bacharelato devolveranse na Librería O Bieiteiro nun prazo máximo de 3 semanas contadas a partir da entrega de notas.

Aos alumnos con materias pendentes para a convocatoria extraordinaria de setembro volverémoslles a prestar os libros que precisen durante o verán pero deben entregarse neste momento tamén para comprobar o seu estado. Os libros que se usen no verán terán que devolverse en setembro, segundo as instruccións que daremos nese momento.

En canto dispoñamos de información máis precisa, faremosvos chegar esta información a través da páxina web do IES de Vios ou polos medios que sexan oportunos.

Recordamos que para continuar sendo socios e así benefeciarse de libros para o vindeiro curso é necesario ter ás cuotas pagadas o día. E que este último curso a cota de mantemento foi de 23 € por alumno e 25 € de alta (so para novos socios).

Grazas pola vosa colaboración, sen vós este proxecto non sería posible

A Directiva da ANPA do IES de Vios

ALTA NOVO SOCIO BANCO DE LIBROS

CURSO 2020/2021

Para darse de alta como novo socio/a do banco de libros é necesario facer un ingreso de 25 € no número de conta:

ES60 2080 0044 4830 4001 3627
No concepto debe aparecer nome completo e curso do alumno/a.

Ademáis de mandar un e-mail a dirección: ampavios@hotmail.com onde debe figurar:

  • Nome do alumno/s e curso que cursará no 2020/21.
  • Teléfono de contacto.
  • Dirección de mail de contacto. Para calquera dúbida estamos á vosa disposición no teléfono: 616 98 35 21 (ANPA Vios) ou na dirección ampavios@hotmail.com.

Deixa unha resposta