Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.es

Información ás familias

A partir de agora e mentres se manteña a actual situación de suspensión da actividade lectiva presencial, as novas tarefas do alumnado estarán dispoñibles na web os luns. 

Pretendemos facilitar así a organización do tempo do noso alumnado e que non estea innecesariamente preocupado pola recepción das súas tarefas.

Estamos traballando para mellorar o rendimento da páxina web. Mentres, se tedes problemas para visualizar as tarefas, probade a empregar outro buscador e a actualizar a páxina na que figura a tarefa que queirades consultar.