Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. INICIO CURSO 2020-21

Dende a Dirección queremos transmitirvos que estamos traballando intensamente para garantir un retorno seguro á actividade lectiva presencial do noso alumnado. Por iso estamos tomando, seguindo as instrucións da Consellería,  as medidas sanitarias e organizativas necesarias para comezar o curso nas mellores condicións, velando en todo momento pola saúde de toda a comunidade educativa.

Aínda que durante os meses de xullo e agosto se estivo traballando seguindo as instrucións recibidas até ese momento, este mes de setembro está sendo un mes especialmente complexo, tanto polas circunstancias epidemiolóxicas da COVID-19, coma pola dependencia das novas  instrucións da Consellería de Educación. Cada centro ten unhas condicións particulares que esixen unhas medidas específicas que imos recibindo case a diario e outras, moi importantes de cara á organización do inicio do curso, que todavía están sen resolver por parte da Consellería.

 Temos previsto que a incorporación ás aulas do noso alumnado se realice de forma escalonada e segura. 

Por todo isto, pregámosvos esteades atentos á páxina web porque a través dela iremos transmitindo a información relevante.

Gracias pola vosa comprensión.

A Dirección