Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

Información ás familias

Estimadas familias,

Ante a situación excepcional declarada en todo o territorio nacional, a dirección do centro e o profesorado queren, na medida do posible, evitar que o noso alumnado se vexa o menos perxudicado  posible pola actual situación académica creada  coa suspensión das clases nas seguintes dúas semanas.

Cómpre que os rapaces e rapazas manteñan nestes días unha disciplina de traballo escolar que evite unha ruptura dos hábitos e favoreza a fixación de contidos nas distintas materias, evitando unha interrupción indefinida da súa formación.

Para iso, o IES de Viós habilita nesta páxina web do centro, tal e como se indicou na circular enviada o xoves 12 a última hora da maña, un apartado co nome de “TAREFAS PARA O ALUMNADO DURANTE O PERIODO DE SUSPENSIÓN DA ASISTENCIA AO CENTRO”. Nel os alumnos e alumnas poderán consultar por curso e materia o traballo que deben realizar nestes días. Ademáis contarán cos correos electrónicos dos distintos profesores para manter a comunicación. 

Con respecto a realización dos exames queremos transmitir ao alumnado tranquilidade, pois se terán en conta as circunstancias actuais e, unha vez recuperada a normalidade, veremos a mellor forma de actuar.

Sobre a 2ª avaliación non temos aínda instrucións da Consellería. Dado que se trata dunha situación excepcional, pregámosvos esteades pendente da páxina do instituto pois será a través dela que vos transmitiremos a información a medida que se vaia producindo.

Agardamos levedes esta situación da mellor maneira posible. 

Un saúdo,

a Dirección.