Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: info@iesdevios.org

INFORMACIÓN SOBRE A DEVOLUCIÓN DA VIAXE A BARCELONA CANCELADA POLA COVID-19

As xestións coa axencia de viaxes contratada para a realización da viaxe a Barcelona 2020 prevista para os alumnos/as inscritos en 2º da ESO do IES de Viós seguen o seu curso. 

Estamos á espera de  que nos confirmen a cantidade exacta da devolución desta actividade (practicamente a totalidade do achegado). Solicitouse á axencia que este ingreso o realicen na conta do centro. Unha vez feito, por chamada telefónica e/ou por correo electrónico a cada alumno/a ou pai/nai, o centro solicitará un número de conta onde cada familia desexe a devolución da viaxe. 

Da mesma maneira, cando se produza, informaremos a través da páxina web do centro, tanto do ingreso como da devolución ao centro, a petición das contas onde cada familia desexe ingresalo, así como do ingreso en cada unha delas. 

Pola información que temos a día de hoxe, a devolución dáse por feita e é unha cuestión de tempo que así se produza. 

Un saúdo

Deixa unha resposta