Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: info@iesdevios.org

INFORMACIÓN VIAXE BARCELONA ALUMNADO 2º ESO IES DE VIÓS

Proporcionar información ás familias e alumnos/as sobre a viaxe planificada a Barcelona de 2º de ESO do IES Vios, foi unha das prioridades do centro dende o inicio desta pandemia. A comunicación coa axencia de viaxes e desta cos proveedores foi constante. Non obstante, é moi difícil poder informar seriamente sobre algo cando as bases legais e as circunstancias que a rodean están cambiando constantemente e non hai certezas case en nengún aspecto. En calquera caso, o tempo está pasando polo que enviamos esta folla informativa para que, a día de hoxe, teñamos unha visión de como está a situación.

Os alumnos/as que realizaron o pago desta actividade teñen a opción de poder realizarla o vindeiro curso. Proveedores e axencia de viaxes aseguran que a cantidade de diñeiro aboada queda en depósito ao longo dun ano para que se poida usar o vindeiro curso. Así que esta é unha das posibilidades que cada familia debe sopesar: pospoñer a viaxe a Barcelona para o vindeiro curso.

A outra opción é a de cancelar a viaxe e esixir a devolución da cantidade aboada por cada familia. A día de hoxe aínda se está a traballar coa compañía aérea e o albergue contratado para que o garanticen. Parece que a devolución é unha opción  factible, mais queda por concretar o tempo que van tardar en facelo. O lóxico sería que esta  devolución fora inmediata, mais depende de cada empresa; unhas o fan dun de xeito inmediato e outras, non. Parece que, legalmente, ao final deben devolver o diñeiro, mais non temos certeza aínda do tempo que transcurrirá ata que chegue dita devolución. Resumindo, nunha porcentaxe moi alta parece claro que poden devolver o diñeiro, mais, a día de hoxe, non é posible saber canto van tardar en facelo. 

Gustaríanos que cada familia reflexionase sobre as dúas posibilidades e decidira cal das dúas opcións lle parece máis axeitada. Por iso, pedímoslles que envíen un correo  electrónico ao centro ( ies.vios@edu.xunta.gal ), especificando nome, apelidos, grupo e curso do alumno/a e indicándonos cal das dúas opción escollen.

O prazo para remitir esta resposta será do luns 1 de xunio ao venres 5 de xuño, ambos incluidos.

A partir de ahí, poñerémonos de novo en contacto para informarvos a través da WEB do centro.

Dirección do IES de VIOS