Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.es

Información viaxe fin de curso norte de Italia alumnado 4º ESO IES de VIÓS

Dende o comezo da pandemia de COVID-19 e, especialmente, dende a suspensión das clases presenciais, a viaxe de fin de curso de 4º da ESO foi obxecto de especial atención por parte da dirección do centro para tratar de xestionala da maneira máis eficaz posible.

O escenario cambiante, sometido a variacións diarias, e a necesidade de actuar con paciencia e prudencia fixo que, dende o inicio, transmitir a información relativa a esta viaxe fose unha cuestión complexa. Valorar o pospoñer a viaxe á fin do trimestre, ver as condicións das compañías aéreas, dos hoteis e servizos contratados, dos seguros, das cancelacións… supuxo un coste en tempo e esforzo importante.

Agora, coa totalidade da información proporcionada pola axencia de viaxes, notificamos que, desgraciadamente, a viaxe de fin de curso ao norte de Italia queda cancelada. Os alumnos e alumnas de 4º non estarán no centro o vindeiro curso polo que, barallar a posibilidade de realizalo máis adiante, co risco de prever se se poderá ou non realizar, nos leva a tomar esta decisión.

Evidentemente, para a toma da decisión, valoráronse as condicións que afectan á suspensión da viaxe.

A cantidade aboada por cada alumno/a para a realización da viaxe váise devolver prácticamente na súa totalidade. Especificamos que case na súa totalidade porque aínda está pendente de confirmar a devolución do custo do seguro de viaxe que se realizou a cada alumno/a (20 euros por alumno/a). O resto do custo da viaxe devolverase a cada familia íntegramente.

As devolucións realizaranse ao longo do mes de xuño no propio IES de Viós. Para garantir as condicións de seguridade axeitadas, se concertarán telefónicamente e/ou por correo electrónico citas coas familias nas que se indicarán a data e a hora da recollida.

AS RIFAS

Debido á política que ten a axencia de viaxes respecto a financiación da mesma mediante rifas, é importante que o alumnado que as vendeu teña localizadas tanto as rifas que lle foron entregadas e non deron vendido, como a cantidade de diñeiro obtido da venda das restantes.

Cando acudan en xuño ao centro para recoller a devolución do coste da viaxe, deberán entregar tanto as rifas que non venderon como a cantidade de diñeiro obtido da venda das restantes ou ben se lles descontará do importe total a devolver.

Para calquera dúbida, suxerencia ou pregunta, non dubiden en contactar a través do enderezo electrónico do centro ou telefónicamente de 10:00 a 13:00 da mañá de luns a venres.

En breve contactaremos con vostedes para concertar as citas individuais de xuño para realizar as devolucións.

Un saúdo a todos/as A Dirección