Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

INFORMACIÓN VIAXES IES DE VIÓS

INFORMACIÓN VIAXE BARCELONA 2º ESO IES DE VIÓS 2020

Tras analizar a información solicitada ás familias no anterior comunicado sobre se aplazar ou cancelar, solicitando o reembolso, a viaxe a Barcelona prevista para este curso, a opción maioritaria foi a de cancelar dita viaxe.

Xa nos puxemos en contacto coa axencia de viaxes para comunicarlle esta decisión de anulación. Están facendo as xestións coa compañía aérea, o albergue e demáis servicios contratados para que devolvan o diñeiro o antes posible. Tan pronto teñamos noticias ao respecto, nos poñeremos en contacto con todas as familias.

INFORMACIÓN VIAXE NORTE DE ITALIA 4º ESO IES DE VIÓS 2020

Onte realizáronse as transferencias, ás contas bancarias indicadas polas familias, correspondentes o reembolso do diñeiro da viaxe cancelada.

A pequena porcentaxe que falta para cubrir o 100% da cantidade aportada débese, como explicamos nas entrevistas mantidas a semana pasada (especificando individualmente a venda e devolución dos talonarios das rifas), a algún concepto como o seguro da viaxe. Tan pronto como se resolva, parece que tardará bastante, poñerémonos en contacto de novo coas familias.

Se observades algún erro ou tedes algunha dúbida, podedes contactar, telefónicamente ou a través do correo electrónico, co centro.