Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

INICIO CURSO 2020-21

Con motivo da situación de pandemia que vivimos, o IES de Viós ven de realizar a adaptación do  protocolo establecido pola Xunta ás características, necesidades e circunstancias propias do noso centro. Vense traballando neste aspecto xa dende o mes de xullo, mais, debido ás constantes modificacións sufridas até o día de hoxe polas normas que debemos adaptar e aplicar, non foi posible informar con máis antelación, pese a tentalo xa dende a finalización do pasado curso.

O noso obxecivo é que as clases presenciais se impartan mantendo as mellores medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade posibles, tanto para todos os nosos alumnos/as, coma para o profesorado e personal non docente do centro.

O centro está perfectamente preparado para este fin. Tomáronse todas as medidas necesarias para garantir a adaptación do centro ao protocolo Covid (limpeza do centro, instalación de dispensadores de xel hidroalcólico, señalizacións, distancias de seguridade…) así como a elaboración exhaustiva da  propia adaptación do protocolo a seguir.

Por este motivo, este ano a presentación dos grupos vaise realizar escalonadamente. O transporte escolar está garantido durante todos os días das presentacións. A dirección do centro tomou esta decisión para evitar unha aglomeración de alumnos/as o primeiro día, no que aínda non coñecen o protocolo a seguir. Dividir as presentacións en un día para cada nivel e empregar ditas presentacións para explicar de primeira man a todo o alumnado en que consisten estas medidas persigue unha finalidade clara: que todos os alumnos/as e membros do profesorado saiban como comportarse exactamente o primeiro día en que acuda ao centro a totalidade do alumnado.

A información relativa ao protocolo e as medidas a adoptar enviaranse a cada familia, ademáis de publicarse na páxina web do centro. Consideramos que é vital que tamén as familias o coñezan do mesmo xeito que o alumnado, profesorado e persoal do centro.

Aproveitamos para informar que se lle solicitou a Inspección Educativa que a xornada do luns á tarde se realice de xeito non presencial, evitando así desprazamentos innecesarios, comedor ao mediodía, etc,.  De momento non temos contestación a dita solicitude.

Contamos coa vosa colaboración e estamos a vosa disposición,

A Dirección