Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

Instrucións de actuación nos centros educativos en relación co COVID-19

O pasado venres día 13 de marzo a Consellería remitiu novas instrucións de actuación nos centros educativos en relación co COVID-19. Nelas deixa en mans dos equipos directivos determinar a presenza do persoal docente e non docente nos centros.

Ante estas novas instrucións, a Dirección do IES de Viós  toma a decisión de que esa presenza sexa voluntaria para todo o persoal docente e non docente do noso centro. En caso de querer achegarvos ao instituto, este permanecerá aberto coa presenza do equipo directivo o luns 16 e o mércores 18 de 10:00 a 12:00 horas.