ORGANIZACIÓN FIN PRIMEIRO TRIMESTRE 2020

  • O luns 21 o horario será o habitual tanto na entrada como na saída. 
  • O martes 22, haberá transporte escolar. A entrada será na hora habitual e a saída será ás 11:30 horas.
  • Achégase o programa de actividades destas dúas xornadas, desglosadas por cursos. A nosa idea é facer algo especial e diferente que non implique o desenvolvemento curricular formal de cada unha das materias. 
  • Debido ás circunstancias tan adversas da Covid-19, non é posible organizar actividades conxuntas que involucren a todo o centro, como viñamos realizando nestes anos. Por iso, aínda que haberá actividades para todos e todas, as actividades propostas se desenvolverán de forma individual dentro de cada grupo/clase.
  • ACTIVIDADES PARA ESTES DOUS DÍAS:
    • Dende a coordinación do Club de Lectura do centro, coa colaboración do profesorado implicado no mesmo, os 50 alumnos/as integrantes que conforman o club este curso desenvolverán actividades específicas ao longo do martes.
    • Dende a dirección da Biblioteca, tamén propuxeron un conxunto de actividades para que cada profesor/a as realice na súa aula co alumnado.
    • A dirección do centro realizará as pertinentes revisións do estado dos libros de texto co fin de garantir que cheguen ao final do curso nas mellores condicións e permitan o seu empréstito á seguinte promoción de alumnos/as.
    • Ademáis, haberá unha sesión de cine para cada grupo.
  • O martes a terceira hora, cada grupo estará co seu titor/a para coñecer tódalas súas calificaciones e valorar, individualmente e como grupo, os resultados acadados neste trimestre.
  • As calificacións publicaranse en ABALAR o martes ás 15:00 da mañá.