Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

AVISO IMPORTANTE: NOTAS 2ª AVALIACIÓN

 
Segundo instrucións da Consellería de Educación as notas da segunda avaliación publicaranse a través de ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril. É importante que estes días descarguedes esta aplicación para poder recibir nela as notas dos vosos fillos e fillas. Tedes indicacións de como facelo nesta mesma web.

Para que a APP funcione, é necesario que o número de teléfono sexa o mesmo que está rexistrado no instituto en XADE, na aplicación da Consellería de Educación.

Se, aínda así, atopades dificultades para facelo, enviade un correo ao centro.