Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.es

Aprobado polo Consello Escolar celebrado o día 17 de xullo do 2018.

Horario lectivo do centro

  • Mañás de luns a venres: de 9.00 h. a 14.30 h.
    • Seis sesións de 50 minutos.
    • Un recreo de 30 minutos entre a 3ª e a 4ª sesión.
  • Tarde do luns: de 16.30 h. a 18.10 h.
    • Dúas sesións de 50 minutos.

Apertura e peche do centro en período escolar

Durante o período lectivo (do 15 de setembro ó 22 de xuño), o centro abrirá e pechará cunha marxe de 15 minutos respecto do horario lectivo, co fin de facilitar a entrada e a saída do alumnado.

Administración

A oficina administrativa estará aberta ao público co seguinte horario:

Período

1 de setembro- 10 de xullo

10 de xullo- 31 xullo

 

Horario

9.00- 14.00

10.00- 13.00

 

Horario de dispoñibilidade para uso do alumnado

  • Biblioteca

A Biblioteca permanecerá aberta para o alumnado e, en xeral, para toda a comunidade educativa nos recreos; a súa ampliación dependerá da dispoñibilidade horaria do profesorado, especialmente da coordinadora da biblioteca.

  • Pavillón e Sala de usos múltiples.

Dentro do horario lectivo, sempre que non interfira coas clases e coa previa solicitude e autorización da dirección.

  • Alumnado transportado

O alumnado transportado accederá ao recinto tan pronto como cheguen os autobuses. Nas saídas subirá aos autobuses dilixentemente e permanecerá no recinto no caso de que estes non estean dispoñibles, sen que iso implique o libre acceso ou permanencia ao resto do alumnado, que se aterán ao anterior.

Horario a disposición da comunidade educativa

Dentro do horario lectivo, sempre que non interfira coas clases e coa previa solicitude e autorización da dirección.

Fora do horario lectivo, o centro abrirá o tempo imprescindible para atender as necesidades derivadas da programación e realización de actividades extraescolares que se aproben para o curso.