1- NON TE PERDAS O LUNS, 8 DE MARZO, ÁS 11:15h NA BIBLIOTECA, A MESA REDONDA SOBRE MULLERES LITERATAS, COA PARTICIPACIÓN DE NIEVES DÍAZ E MARTA ARCE. Para o debate partiremos de dous textos, un de Rosalía de Castro e outro de Simón de Beauvoir.
2- O alumnado voluntario na Biblioteca de 1º de ESO está a preparar unha presentación coas últimas novidades sobre feminismo chegadas a Biblioviós. O luns, 8 de marzo farán unha presentación de todo este material nas aulas de 1º e 2º de ESO, a 3ª e 4ª horas.
Non te perdas este divertido cómic sobre mulleres que defenden valores imprescindibles.
3- Kordi, a nosa auxiliar de conversa e Julia, unha das profes de música, están preparando unha presentación-xogo de preguntas para realizar o luns, día 8, a 4ª e 5ª horas nas aulas de 2º e 3º de ESO (música bilingüe) sobre mulleres compositoras e o IWD (INTERNATIONAL WOMEN’S DAY).
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!
4- MÁIS ACTIVIDADES
Recordas aquelas fotos que vimos o 25 de novembro… na que algúns profes intentamos imitar as protagonistas de cadros famosos? eran mulleres lendo.
Para celebrar o día da muller, pedímosche que o fagas ti. Faite unha foto imitando o cadro dunha muller lendo, pode ser soa ou en compañía. Envía a foto e unha foto do cadro a viosbiblioteca@gmail.com. Faremos unha presentación con todas as fotos recibidas. Podes dicirnos tamén algo do seu pintor ou pintora?
5- Por motivos de organización de calendario non será posible realizar a seguinte proposta o luns 8 de marzo. Trátase dun visionado de dúas películas para reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e na historia.
Esperamos poder realizar a actividade de cine e posterior videofórum antes de que remate este trimestre.

1º e 2º ESO 3º e 4º ESO
