O próximo luns 28 de novembro, pola tarde, teremos a representación da obra “Golpes”, interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga. Asistirá o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.

GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir . Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia).

GOLPES é un espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apóiase no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos.

Dirección: Xosé Leis.

Actriz: Estíbaliz Veiga.

Produción: Bernardino Martínez.

Espazo escénico: aAntena.

Espazo sonoro: aAntena.

Estilismo: Xosé Veiga.

Xénero: Drama.

Duración: 65 minutos.