Pregunta do mes de febreiro

Qué significa Google?

A pregunta da biblioteca este mes está formulada polo departamento de MATEMÁTICAS. Dache isto algunha pista?

Os profes de mate nos din: podes atopar a resposta nun libro amarelo que atoparás na biblioteca.

Recorda escribir a resposta correctamente, sen faltas de ortografía, e de maneira ordeada e limpa. Non esquezas engadir o nivel e grupo para poder valorar a resposta.