Recén chegados

Benvidos os xogos de mesa á biblioteca! Aínda que este curso non puidemos utilizalos… o próximo curso estarán dispoñibles na biblio para todos e todas. Todos eles son hixienizables!

Ion: un xogo para aprender física e química sen darse conta. Recomendado para 3° ESO.

Timeline: para demostrar todo o que sabes sobre historia. Este é o modelo clásico. Descubrimentos, inventos e feitos imprescindibles da historia…

Story cubes: estes dados con debuxos podes utilizalos para inventar contos cooperativos en calquera lingua!

Xogos matemáticos: acaba de chegar unha colección xeitosa de xogos matemáticos. Os profes de mate presentarán proximamente estes xogos nas clases.

Esperamos que vos gusten!