Historias lectoras

Todos os amantes da lectura temos unha historia lectora da que as veces non somos moi conscientes, por iso vos animamos a reflexionar sobre a vosa ruta ou xeografía lectora ao longo da vosa vida. Despois poderemos lelas en clase durante o mes de abril, o mes do libros.

Queremos saber como son os lectores e as lectoras do IES de Viós. Que historias hai detrás das vosas lecturas. Como vos acercades á lectura: a través dos libros, dos contos, das imaxes, dos comics, da lectura solitaria, en grupo, en voz alta, en voz baixa… e ademáis COMO PENSADES QUE A VOSA PERSONALIDADE PODE ESTAR MARCADA POLAS LECTURAS QUE VOS ACOMPAÑAN.

Deixámosvos aquí algunhas participacións de profesorado e alumnado para que todos e todas vos animedes a facer as vosas. Xa sabedes, todas as linguas son benvidas na biblioteca así que atoparedes exemplos de varios tipos. A medida que nos fagades chegar a vosa historia lectora irémola engadindo a este listado.

Non te perdas a preciosa historia lectora de Lois ou a biografía de Nieves contada a través das lecturas. Como veredes os profes de ciencias tamén son de letras! E a de Andrés promete ser moi divertida.

Irene Vallejo, Premio Nacional de Ensaio 2020, cóntanos a XEOGRAFÍA LECTORA da humanidade (nas súas propias palabras) neste marabilloso libro sobre a historia dos libros e das bibliotecas. Esta é a nosa recomendación lectora para o 23 de abril do 2021: El infinito en un junco. (Orixinal en castelán e xa traducido ao galego).