8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Dende o equipo de biblioteca do IES de Viós queremos celebrar este día sinalado. Para iso propoñemos facer unha exposición fotográfica que visibilice a figura da muller no mundo laboral partindo da comunidade educativa do noso centro. Precisamos da colaboración das mulleres que formades parte do instituto. Necesitamos que acheguedes fotos vosas no voso ámbito laboral ou onde prefirades, exercendo a vosa profesión, as vosas tarefas habituais… Se algunhas de vós preferides facer a foto en grupo, podedes facelo. As interesadas terían que mandar esa fotografía ao correo da bilioteca. Se tedes calquera dúbida podedes contactar con nós.

Email : biblioteca@iesdevios.org en asunto marcade “Foto 8 de marzo”

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.