ANPA San Marcos e ANPA A Lagoa

  • Post author:
  • Post category:ANPA

Estimados socios/as do Banco de Libros:

Pola presente convocamos a todos os socios/as do Banco de Libros de Abegondo (Primaria, ESO e Bacharelato) a unha Asemblea por parte das ANPAs do CEIP San Marcos e o IES de Vios que terá lugar o próximo martes día 30 ás 20:15 en primeira convocatoria e ás 20:45 en segunda convocatoria no Salón de Santiso deMabegondo.

ORDE DO DÍA:

  1. Estado de contas.
  1. Incidencias detectadas durante a xestión do Banco de Libros deste curso.

Previsión para os próximos cursos.

  1. Establecemento da cuota para o actual curso e revisión das cuotas de mantemento e alta.
  2. Toma de decisións sobre a alta de novos socios.
  1. Toma de decisións sobre a viabilidade do préstamo de libros para Bacharelato e as posibles condicións de préstamo de libros de Bacharelato de considerarse oportuno seguir con esta iniciativa.
  2. Rogos e preguntas.

Agardamos a vosa participación.

AS DIRECTIVAS