AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2021/22 (CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN)

No día de hoxe  publicouse no DOG a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto. O prazo de presentación das solicitudes comeza o venres 21 de maio e remata o martes 22 de xuño

O trámite pode facerse por vía electrónica ou de forma presencial no IES.  

Aquelas familias que fagan a solicitude de forma presencial no instituto deberán seguir os seguintes pasos:

  • Recoller na secretaría  o impreso (pode facelo o mesmo alumno/a).
  • Unha vez cumprimentada a solicitude, xunto coa documentación requerida, presentarase na secretaría do centro coa suficiente antelación para que poidamos revisala (para evitar que teñan que desprazarse poden entregala a través do alumno/a).

LIGAZÓN AO DOG DA CONVOCATORIA DA CONSELLERÍA DE EDCUACIÓN