Bases do concurso de relatos de medo. Samaín

Bases do concurso de relatos de medo. Samaín

  1. Poderá participar todo o alumnado de IES de Viós.
  2. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega.
  3. A temática será de medo e poderán ser relatos ou lendas inventadas ou recollidas da tradición oral.
  4. A extensión máxima non deberá exceder un folio polos dous lados.
  5. Deberá levar un título e presentarse a ordenador en letra Arial 12 e dobre espazo.
  6. O nome, apelidos, curso e grupo do autor/a deberán ir escritos pola parte de atrás do folio .
  7. A data límite de entrega será o venres 22 de outubro. Os traballos entregaranse na biblioteca nos recreos. 
  8. Haberá dous premio, un por categoría:

1º e 2º, primeiro ciclo de ESO

3º e 4º, segundo ciclo de ESO.