BENVIDA AOS NOVOS USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA  DO IES DE VIÓS

BENVIDA AOS NOVOS USUARIOS/AS DA BIBLIOTECA DO IES DE VIÓS

Ao longo desta semana recibiremos de forma oficial na nosa biblioteca ao novo alumnado de primeiro curso. Para darlles o recibimento que merecen, realizaremos unhas sesións formativas. Ademais de entregarlles os seus carnés de usuario, que este ano son moi especiais, pois terán un deseño conmemorativo do XXV aniversario do centro, aprenderán a empregar os recursos educativos cos que contamos na biblioteca (ordenadores con acceso a internet, libros, películas….) participando nun xogo que os levará a descubrir unha frase agochada nas páxinas dos exemplares que habitan na nosa biblioteca. Esperamos que todos e todas desfrutedes destas sesións sen levar moitos sustos.

O Equipo da Biblioteca