Neste momento estás a ver Charla Bulimia e Anorexia nerviosas

Charla Bulimia e Anorexia nerviosas

O vindeiro mércores día 16 o alumnado de 4º ESO asistirá a unha charla, que forma parte do proxecto final dos alumnos/as do Ciclo Formativo de Grao Superior en Dietética (CIFP Ánxel Casal), sobre anorexia e bulimia nerviosas.

Entre os relatores está Miriam Lemos, antiga alumna do noso centro, polo que nos fai especial ilusión recibilos para que axuden a concienciar aos nosos alumnos/as desta problemática.