CIRCULAR BANCO DE LIBROS VIÓS 2021/22

Benqueridos/as socios/as, 

Ao igual que nos últimos anos o número de socios/as do Banco de Libros de Abegondo segue a medrar, formando parte del a maioría do alumnado dos cursos que se poden beneficiar desta iniciativa. Este Banco de Libros está xestionado polas ANPAs do CEIP San Marcos e do IES de Viós. 

O Banco de Libros das nosas ANPAs é independente das axudas que para o mesmo fin concede a Xunta de Galicia. Estas axudas (emisión de cheques para a compra de libros de texto ou préstamo de libros) regúlanse por unha normativa que establece a Xunta de Galicia e solicítanse nos centros. 

Recordámosvos os puntos máis importantes do funcionamento do Banco de Libros: 

  • Pódese pertencer ao mesmo tempo ao Banco de Libros xestionado pola Xunta e ao Banco de Libros xestionado polas ANPAs. Neste caso as ANPAs prestamos os libros que non vos faciliten no Banco de libros xestionado pola Xunta. 

Para formar parte do Banco de Libros da Xunta (fondolibros) hai que presentar unha documentación nos prazos que a Xunta estableza e cumprir unha serie de requisitos que se publican no DOG. Para formar parte do Banco de Libros das ANPAs non se pide ningún requisito previo. So hai que poñerse en contacto coas correspondentes directivas. 

  • A condición de socio/a adquírese pagando unha cuota de alta de 25 euros por alumno/a, ou ben ao donar un xogo de libros que se poida utilizar nun dos centros, Abegondo ou Vios. Asimesmo hai que pagar as cuotas anuais que se poidan establecer derivadas do gasto realizado cada curso, informerémosvos a través de circulares ou mediante reunión das mesmas. 
  • Unha vez que sodes socios/as contamos con vós para cursos sucesivos, salvo que comuniquedes o contrario. Queremos favorecer a permanencia de socios/as dun ano para outro polo que se estableceu que se alguén se da de baixa durante máis dun curso e logo se quere dar de alta de novo, a cuota de entrada serían 70 euros por alumno/a. 
  • Soamente se prestan libros de texto. Non se prestan cuadernillos, estes corren por conta do alumno/a. Actualmente préstanse libros a partires de terceiro de primaria
  • Hai que coidar os libros que se prestan, polo que é obrigatorio forralos. Non está permitido escribir neles, e se se fai con lapis hai que borralos antes de entregalos. 
  • Para identificar os libros pódeselle poñer unha pegatina co nome do alumno/a ou similar durante o curso, pero habería que quitarlla antes de entregalos. 
  • Os libros entréganselles aos alumnos/as no seu centro educativo, antes do comezo do curso 2021/22, notificarase por correo electrónido os días e horarios para poder pasar a recoller os libros. 
  • É imprescindible comunicar a perda ou deterioro que impida seguir usando un libro. A primeira vez que un socio/a do Banco de Libros das ANPAs se vexa nesta situación repónselle o libro, se acontece máis dunha vez hai que abonar o custo do libro ou facilitarnos outro en bo estado. 
  • Se nas entregas de libros que están formados por varios volumes non se entrega algún deles ese libro conta como non entregado. 

Para o financiamento do Banco de Libros das ANPAs contamos coa axuda do Concello económicas fan posible o éxito desta iniciativa. Se queredes serguir colaborando podedes animar a persoas coñecidas que teñan libros que aínda se poidan usar a que nolos donen, así seguiremos medrando. Recordade que a donación de libros pode constituir unha forma de darse de alta como socio/a. 

Grazas a todos/as pola vosa colaboración, sen vós este proxecto non sería posible. 

Recibide un cordial saúdo das ANPAs do CEIP San Marcos e do IES de Viós.