Circular de convocatoria da Asemblea da ANPA

  • Post author:
  • Post category:ANPA

Estimados pais e nais:

Pola presente convocamos a todos os socios/as a Asamblea Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de alumnos “ A Lagoa” que terá lugar no IES de Viós o vindeiro venres día 15 de outubro en horario de primeira convocatoria 20:30 e segunda ás 21:00 horas.

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura do acta anterior. Aprobar se procede.
  2. Estado de contas.
  3. Actividades realizadas e actividades previstas para este curso.
  4. Situación da Asociación, RENOVACIÓN DE DIRECTIVA:

Algúns membros da Asociación non renovan este ano os seus cargos porque as súas fillas ou fillos rematan a súa estadía no IES de Viós o por outros motivos persoais. O labor que desenvolve a ANPA  é moi importante e é necesario que siga a funcionar. Pensade que de disolverse a ANPA (entre outras cousas) o mantemento do Banco de Libros estaría comprometido.

Contamos  con vós para formar parte da Directiva. Se alguén non pode acudir á reunión pero quere formar parte da nova Directiva non dubidedes en contactar connosco  persoalmente ou no número 616983521.

5. Rogos e preguntas.

A DIRECTIVA