ANPA A Lagoa, IES de Viós. Setembro de 2021
Estimadas familias,
dende a ANPA do IES de Viós queremos darvos a benvida a un novo curso escolar, desexándovos o mellor para este novo ano académico.
Comunicámosvos de que xa vos podedes facer socios da ANPA. Recordámosvos os datos:
Cuota: 20 euros por familia
Número de conta: ABANCA ES34 2080 0044 4930 4001 1233
Concepto: nome, apelidos e curso do alumno/a ou alumnos/as en caso de ser irmáns
Unha vez realizado o ingreso agradecemos que enviedes ao noso correo electrónico (ampavios@hotmail.com) os vosos datos de contacto:
· nome e apelidos do alumno/a ou alumnos/as en caso de irmáns
· nome e apelidos de pai/nai/titor legal que queiran figurar como socios/as
· teléfono e correo electrónico de contacto
Podedes facervos socios/as en calquera momento do curso pero a colaboración de cada unha das familias é importante para que lle poidamos facer fronte ás actividades previstas. Por iso agradecemos que os ingresos se realicen antes do 15 de outubro para poder planificar o curso e optar a axudas que nos permitirían optimizar os nosos recursos.
Informámosvos que o curso pasado a ANPA de Viós contribuiu ao acondicionamento do salón de actos do instituto que como sabedes o Centro está a renovar completamente. A nosa contribución foi para adquisición de material tecnolóxico (amplificadores e altavoces). Se contamos con suficientes fondos temos previsto seguir colaborando con esta labor pois consideramos o salón de actos unha infraestructura necesaria da que toda a comunidade educativa se pode beneficiar.
Por outro lado o pasado curso colaboramos coa celebración do acto de despedida do alumnado de 4º da ESO. Non se fixeron aportacións para saídas e excursións pois quedaron suspendidas pola situación de excepcionalidade derivada da pandemia.
Aprobeitamos a ocasión para dicirvos que parte dos integrantes da Directiva da ANPA deixan a asociación por non ter fillos/as matriculadas neste curso no instituto. É imprescindible para que a ANPA poida seguir realizando as súas funcións que os cargos da Directiva da ANPA se cubran polo que solicitamos que as persoas interesadas se poñan en contacto con nós o antes posible. Convocaremos unha reunión nas próximas semanas para tratar este e outros asuntos á que agradeceríamos a vosa asistencia pola importancia deste tema.
Por último, informámosvos de que o Banco de Libros segue a medrar, estamos rematando de cerrar as compras para a ESO e Bacharelato polo que, tamén nas próximas semanas recibiredes información sobre as cuotas. Así mesmo está previsto a realización dunha Asamblea para tratar varios asuntos referentes ao Banco de Libros.
Contacto ANPA de Vios: ampavios@hotmail.com, 616 98 35 21
Recibide un cordial saúdo
A Directiva