Coidado do mediodía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:ANPA

Dende a anpa queremos informar que, co gallo da volta ás aulas os luns pola tarde, o Concello De Abegondo vai ofertar e xestionar o servizo de “Coidado de mediodia” para atender ao alumnado nas horas de entremedio.Para poder desfrutar e facer uso desta actividade, as familias que así o decidan, deberanse inscribir e darse de alta no propio Concello. Advertimos que este servizo comezará no mes de Outubro. Aclaramos, tamén, que a Anpa non é responsable deste servizo. Se as familias teñen algunha dúbida no tocante a este tema ou a calquer outro a Anpa estará encantada de aclaralas na próxima reunión.