CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA XOVES 7 DE XULLO

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:ANPA

Estimados pais e nais:

Pola presente convocamos a todos os socios/as a Asamblea Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de alumnos “ A Lagoa” que terá lugar no IES de Viós o vindeiro xoves día 7 de xullo en horario de primeira convocatoria 20:30 e segunda ás 21:00 horas.

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura do acta anterior. Aprobar se procede.
  2. Estado de contas.
  3. Actividades realizadas e actividades prevista.
  4. Situación da Asociación, RENOVACIÓN DE DIRECTIVA:

Algúns membros da Asociación non renovan este ano os seus cargos porque as súas fillas ou fillos rematan a súa estadía no IES de Viós o por outros motivos persoais. O labor que desenvolve a ANPA é moi importante e é necesario que esta siga a funcionar. De disolverse deixarían de realizarse as súas actividades, incluída a xestión do Banco de libros (e ESO e Bacharelato).

Contamos con vós para formar parte da Directiva. Se alguén non pode acudir á reunión pero quere formar parte da nova Directiva non dubidedes en contactar connosco persoalmente ou no número 616983521.

  1. Rogos e preguntas.

A DIRECTIVA