Bo día:
Dende a Consellería solicítannos a difusión do seguinte comunicado:
O vindeiro luns, 19 de abril, comezará un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.
Os alumnos/as terían que asistir á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
Moitas grazas pola vosa colaboración.