CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN IES DE VIÓS. CURSO 2021/22.

Publícanse os criterios de titulación e promoción do centro para este curso 2021/22 que foron acordados polo claustro do IES de Viós e que contan co visto bo da inspección educativa.


O luns 6 de xuño rematará o terceiro trimestre e publicaránse as cualificacións correspondentes a este periodo. Se algún alumno/a tivera algunha materia suspensa, se lle indicará como poderá recuperala ao longo das dúas derradeiras semanas do curso, entre o 6 e o 22 de xuño.


A avaliación final será o 23 de xuño e, a partir desta data, publicaránse as cualificacións finais. En función dos criterios de avaliación marcados, o alumnado coñecerá se promociona de curso en 1º, 2º, e 3º da ESO, se titula, no caso de 4º ESO, ou se debe repetir curso.


Do 6 o 22 de xuño, todos os alumnos/as, independentemente da súa situación académica, deberán acudir ao centro xa que as clases continuarán durante esas dúas semanas, aínda que, lóxicamente, o labor educativo priorizará de maneira clara as tarefas de recuperación daquelas materias suspensas.


A dirección do IES de Viós realizará unha reunión informativa organizada por cursos. Dita
reunión celebrarase no salón de actos na data que se comunicará en breve. O obxectivo desta
reunión é aclarar as posibles dúbidas e explicar todas aquelas cuestións que poidan xurdir.