Nos vindeiros días vaise proceder á devolución do diñeiro que as familias aportaron para a realización da viaxe a Barcelona, prevista para o alumnado de 2º ESO do pasado curso 2019/20.
Para efectuar o pago é preciso que cada familia envíe un correo electrónico ao centro indicando os seguintes datos:
- No asunto do correo electrónico deberase indicar: “Barcelona + nome e primer apelido do alumno/a”.
- Número de conta bancaria onde quere que se lle realice o ingreso.
- Nome e apelidos do beneficiario/titular desa conta.
Tan pronto teñamos os números de conta de todos/as, se empezará a realizar o ingreso das devolucións nas contas indicadas.
A cuantía a ingresar será a aportada polas familias, agás 15 euros (tanto para os alumnos/as da ANPA como para os que non o son e aportaron 5 euros máis).
Pese a ter traballado todo o posible para acadar a devolución íntegra do importe entregado, as circunstancias actuáis e cuestións relativas aos seguros e condicións específicas dos operadores contratados fai imposible a devolución do 100% da cantidade aportada. Aínda que consideramos que non é unha mala solución, continuaremos traballando para ver se logramos a medio ou largo prazo a devolución dos cartos restantes, aínda que adiantamos que esa posibilidade é moi remota.