Enquisa de diagnose da convivencia 2021

​Estimadas familias:

​Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade poñen en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

A través do alumnado achegarémoslles unha carta explicativa con todos os pasosque deben seguir para realizar esta sondaxe.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima.

Únicamente lembrarlles que estará operativa dende o 12 ata o 29 de abril de 2021.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos:

https://edu.xunta.gal/convfamil

Só terían que entrar neste enderezo e introducir a clave que lles foi asignada.

A Dirección