Hora de Ler

O vindeiro mércores 13 de outubro restablécese, con pequenos cambios motivados pola flexibilización horaria derivada da pandemia, a hora de ler como parte do Plan Lector do centro. Por iso, informámoslles de que todos os mércores, xoves e venres do curso o noso alumnado adicará 20 minutos diarios á lectura na aula. Para que non afecte sempre á mesma materia temos establecida unha orde determinada pola que se van alternando as sesións seguindo un calendario establecido que teñen pendurado en todas as aulas. A maiores, adicarán unha sesión ao mes a dita actividade na hora de titoría. Neste caso será o titor/a a persoa encargada de fixar a data e avisar ao seu grupo.

Para realizar esta actividade obrigatoria os alumnos e alumnas deberán traer un libro da súa elección, sempre apropiado ao contexto educativo, da casa. Levarase un control das sesións de lectura polo que é importante que non esquezan o libro. Se así o prefiren, poderán deixalo no seu pupitre.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

A Dirección.