MATRÍCULA 1º ESO CURSO 2021/22

A matrícula farase en dúas fases: nun primeiro momento, on-line e despois, de forma presencial no centro.

1ª Fase on-line

Datas para cumprimentar o impreso on-line: do mércores 23 de xuño ata o domingo 27 de xuño.

Procedemento:

  • Na web do IES (www.iesdevios.org) haberá unha pestana denominada MATRÍCULA CURSO 2021/22. Premendo nela atoparedes o impreso de matrícula de 1º da ESO.
  • Debedes cumprimentar dito impreso na propia aplicación e, unha vez rematado, darlle a enviar. NON é necesario que cumprimentedes os datos relativos ao transporte.

2ª Fase presencial

Para formalizar a matrícula só haberá que asinar os impresos que se facilitarán no propio centro.

Procedemento:

  • Publicarase na páxina Web do IES a data asignada a cada alumna/o para que acuda ao centro educativo. Aproveitaremos ese día para amosarlles as instalacións do centro, tanto ao alumnado coma ás familias.
  • Os alumnos/as que na data e hora citados non poidan acudir ao instituto, deberán poñerse en contacto co centro (telefonicamente ou por correo electrónico) e asignaráselles unha nova cita.
  • DOCUMENTACIÓN que teñen que achegar: 
    1. Fotocopia do DNI do alumno/a (de telo).
    2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    3. Fotocopia do libro de familia (as páxinas onde figuren os pais e o alumno/a).
    4. Dúas fotos recentes tamaño DNI, deberán ter o nome escrito por atrás.
    5. Se o alumno/a padecese algunha enfermidade, alerxia, etc., pregámoslles nolo comuniquen, e se poden, que nos acheguen a documentación informativa pertinente.