Teléfono de contacto: 881 960 793 / Email: ies.vios@edu.xunta.gal

Modificación horario e resumo protocolo Covid-19 alumnado

Dadas as actuais circunstancias de pandemia provocadas pola Covid-19, e, tendo en conta a obrigatoriedade de aplicar o protocolo esixido dende a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, non  se pode garantir a seguridade do alumnado nas dúas sesións lectivas da tarde do luns, motivo polo cal neste curso 2020/21 non haberá sesións lectivas aos luns á tarde.

Estas dúas sesións se trasladarán ás mañás dos luns e dos martes, quedando, polo tanto, estas dúas xornadas con sete sesións lectivas de 45 minutos cada unha. O resto da semana non sufrirá ningunha modificación e as sesións serán de 50 minutos coma sempre.

Con esta medida proposta garantízase que o noso alumnado cumpla a xornada completa de 32 sesións semanais de forma presencial, sen perda de clases, nas mellores condicións de seguridade.

Está garantido o servizo de transporte escolar durante toda a semana seguindo este novo horario.

Luns e martes: entrada ás 9.00 h e saída ás 14.45.

Mércores, xoves e venres: entrada ás 9.00 h e saída ás 14.30.

A continuación, adxuntámosvos o resumo do protocolo Covid-19 para ao alumnado do IES de Viós. Aínda que o equipo directivo, nas presentacións iniciais de curso, o explicou e puxo en práctica con cada un dos grupos, pregámosvos que o leades atentamente cos vosos fillos e fillas, pois esta situación de pandemia require a implicación de toda a comunidade educativa para garantir a maior seguridade de todos e todas.

Se tedes algunha consulta, non dubidedes en poñervos en contacto co centro telefonicamente ou a través do enderezo electrónico (ies.vios@edu.xunta.es).

Desexámosvos o mellor curso posible,

A Dirección