Obradoiro de prevención da ludopatía

Obradoiro de prevención da ludopatía

O vindeiro xoves 18 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizará un Obradoiro de Prevención da Ludopatía na sesión de titoría.

O Programa está desenvolto pola Asociación AGALURRE e conta coa colaboración do Concello de Abegondo e a Diputación da Coruña.

Con este programa buscamos prever no noso alumnado un uso abusivo de calquera tipo de xogo presencial ou virtual e así conseguir un uso responsable deste tipo de ocio. Trátase de concienciar aos alumnos e alumnas sobre o problema tan grave que afecta hoxe en día a nosa sociedade.

Dentro da charla falarase sobre o Uso/Abuso/Adicción ao xogo (ludopatía), identificación de estas situacións e de diferentes tipos de xogo, así como os seus riscos. Realizarase un debate entre os participantes no que poderán manifestar todas as posibles dúbidas sobre o tema.