1ª Fase on-line
Datas para cumprimentar o impreso on-line: do mércores 23 de xuño ata o domingo 27 de xuño.
Procedemento:
- Na web do IES (www.iesdevios.org) haberá unha pestana denominada MATRÍCULA CURSO 2021/22. Premendo nela atoparedes o impreso de matrícula.
- Debedes cumprimentar dito impreso na propia aplicación e, unha vez rematado, darlle a enviar. NON é necesario que cumprimentedes os datos relativos ao transporte.
2ª Fase presencial
Para formalizar a matrícula só haberá que asinar os impresos que se facilitarán no propio centro.
Procedemento:
- Publicarase na páxina Web do IES a data asignada a cada alumna/o para que acuda ao centro educativo.
- Os alumnos/as que na data a e hora citados non poidan acudir ao instituto, deberán poñerse en contacto co centro (telefonicamente ou por correo electrónico) e asignaráselles unha nova cita.
- DOCUMENTACIÓN que teñen que achegar:
- Alumnado que formaliza a matrícula de 3º ESO: dúas fotos tamaño carné recentes.
- Alumnado que formaliza a matrícula de 3º e 4º de ESO: deberán abonar 1.12 € de seguro escolar. Pregámoslles, se é posible, que traian a cantidade xusta.