REUNIÓN INFORMATIVA. MARTES 10 DE MAIO

Bo día,
O vindeiro martes, 10 de maio, terá lugar unha reunión informativa para aclarar as posibles dúbidas relativas aos criterios de promoción e titulación aplicables neste curso 21/22 e publicados xa na páxina web. Ademáis, aproveitaremos para explicar a planificación do final de curso e mesmo, para os pais e nais do alumnado de 4º ESO, aspectos relativos á posible organización dunha viaxe de final de etapa.
Os horarios das reunións son os seguintes:
1ºESO e 2ºESO: 16:30 horas.
3ºESO e 4ºESO: 17:15 horas.

Un saúdo,
A Dirección