COMUNICACIÓN TITORÍAS

Debido á especial situación producida pola COVID-19, e seguindo o protocolo da Xunta, as sesión de titoría realizaranse preferentemente de xeito telemático ou telefónico, agás contadas excepcións.
Para iso o centro ven de habilitar unha canle de comunicación directa entre as familias e os titores/as dos seus fillos/as mediante a creación de enderezos electrónicos específicos para cada grupo.
Ditos enderezos electrónicos serán o medio que deberán empregar as familias se precisan contactar co titor/a do seu fillo/a.
No caso de precisar entrevistarse cun profesor/a dunha materia en concreto deberá solicitar a comunicación sempre a través do titor/a.
Para acceder debedes pinchar na pestana de “solicitar sesión de titoría” correspondente á titoría do voso/a fillo/a e cubrir todos os campos do formulario que aparecerá.
Non esquezades premer no botón de “enviar”.