O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) é un grupo de traballo composto por representantes de toda a comunidade educativa. A súa función basilar é a de potenciar o uso do galego no día a día do centro. Con esta finalidade no horizonte, empregaremos este blog para dar a coñecer as actividades do EDLG e mais para reunir unha serie de ferramentas e recursos que nos van facilitar o emprego e visibilización da nosa lingua.

O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) é un grupo de traballo composto por representantes de toda a comunidade educativa. A súa función basilar é a de potenciar o uso do galego no día a día do centro. Con esta finalidade no horizonte, empregaremos este blog para dar a coñecer as actividades do EDLG e mais para reunir unha serie de ferramentas e recursos que nos van facilitar o emprego e visibilización da nosa lingua.

ACTIVIDADES

MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro  celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, así como das bibliotecas escolares. O obxectivo é sensibilizar os máis novos sobre a necesidade de usar o galego na literatura científica. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto con outros persoeiros, presentaron nunha rolda de prensa en Santiago, as diferentes actividades que se desenvolverán con esta finalidade. Entre estas, podemos destacar:

  • Actividades de divulgación científica como obradoiros de robótica, sobre científicas galegas, contacontos, etc que poderán consultarse na ligazón: https://www.lingua.gal/ciencia-en-galego.
  • O Portal Educativo Bibliotecas Escolares de Galicia conta tamén cun espazo no que hai unha escolma de materiais sobre ciencia en galego.
  • Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración cos equipos de biblioteca e cos Departamentos Didácticos dos centros, traballan para que se descubra, coñeza e divulgue a ciencia en galego mediante vídeos, podcasts, proxectos etc que se poden consultar no Portal da Lingua Galega
  • Por último, dende o IES de Viós, queremos contribuír a esta celebración desenvolvendo unha actividade organizada polo profesor de bioloxía e xeoloxía Lois Peña que versará sobre o XX aniversario do afundimento do Prestixe. Poderase consultar na páxina web do centro no blog do Departamento de Ciencias na seguinte ligazón: https://iesdevios.org/viosciencia/

MAGOSTO 2022

“O EDLG xunto co Departamento de Educación Física do IES de Viós, organizaron o venres 11 de novembro, “día de San Martiño”, a celebración do magosto 2022.

Suspendéronse as clases a partir do recreo e todo o alumnado participou competindo nun gran xogo recreativo durante hora e media. Divididos en catorce grupos, trataron de completar as catorce probas que se prepararon cun motivo común: A CASTAÑA. Puxemos de manifesto as nosas habilidades con xogos de relevos, de puntería, baile…

Unha vez concluídos, entregáronse os premios aos tres primeiros equipos e tamén ao alumnado de cuarto que colaborou na preparación e desenvolvemento da actividade ( dous alumnos/as por proba, dous na mesa de control do xogo e o equipo de seguridade).

Por último, repartíronse os 180 cucuruchos con castañas asadas que todos/as puidemos degustar como fin de festa!!!!!!!”

NOSAS-VANGARDAS

As nosas Vangardas Literarias

Os departamentods de Historia, Música, Plástica e Lingua Galega e Literatura están preparando unha exposición sobre as vangardas artísticas un século despois do seu nacemento. Vense distintos aspectos dos ismos como a pintura, a escultura, a música , a literatura, a moda , a publicidade ou as revistas desta época.

Letras Galegas 2022

Este ano, a RAG adica o día das Letras Galegas ao autor ourensán Florencio Delgado Gurriarán. No noso centro achegarémonos a esta figura a través da súa vida e obra. Ademais, faremos a actividade dos chuchepoemas centrándonos nel. Estade atentos/as!!!!!

Este ano conmemoramos o Día de Rosalía dun xeito moi especial. Recibimos a visita da mesma autora que viaxou dende o século XIX ao XXI para falarnos da súa vida, obra e recitarnos algúns dos poemas que traballamos en clase. Ademais de visitar diferentes grupos de alumnado, Rosalía paseou polo noso centro falando e compartindo algúns dos seus textos máis coñecidos co profesorado e persoal non docente.


Queremos agradecer a Dores Cao a súa colaboración, dispoñibilidade, caracterización e dedicación nesta actividade. Foi unha experiencia moi enriquecedora e didáctica!!!!!

XIANA, GAÑADORA DO NOSO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 2021

O luns 8 de novembro a nosa gañadora do concurso de relatos de terror recibiu o premio de
mans da coordinadora de EDLG. Animádevos a disfrutar da súa lectura!

Poderedes acceder pinchando na seguinte ligazón

O texto gañador foi o de
Silvia M. de 1º A. Parabéns!!!

CONCURSO DE RELATOS
DE MEDO (SAMAÍN)

O EDLG de Viós convocou un concurso literario para o alumnado do centro para celebrar o Samaín.

concurso de postais

O noso centro convocou un concurso de postais para felicitar as festas coa máis chula!

concurso de postais ies de viós-2

O gañador foi a de Jorge F. de 2º A.

A Candeloria 2020/21

O día 2 de febreiro celebramos a Candeloria. Toda a comunidade educativa enviou e recibiu mensaxes de amor, amizade, agradecemento….

DÍA DE ROSALÍA

En colaboración co equipo de biblioteca e particularmente coa profesora de matemáticas Nieves D., elaboramos un mapa xeográfico interactivo no que se relaciona a vida e obra de Rosalía. Consúltao e prepárate para a viaxe…..!!!!!

ENTROIDO 2021

Cada ano, descubrimos un traxe típico do entroido galego e comparámolo co de outro lugar do mundo. Este ano, aproveitando que algúns alumnos/as viviran en Suíza, eliximos este e o de Bande.

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Tradicionalmente, o alumnado de 4º de ESO, dentro dos actos de despedida do centro, adoita plantar unha árbore que simbolizará o crecemento e evolución dos/as estudantes. Agradecemos a colaboración de todos/as os/as participantes e especialmente a de Lois, o profesor de bioloxía que levou a “peor parte…..”

letras galegas 2021 -
letras galegas 2021 --

LETRAS GALEGAS 2021

Dentro das actividades que realizamos para celebrar o Día das Letras Galegas, unha das que máis nos gustou foi a dos chuchepoemas. Cada membro da comunidade educativa recibimos unha lambetada envolta nun poema de Xela Arias. Pero despois de comer, nada de tirar os papeis xa que cada grupo traballará os textos que lle tocaron na súa clase de lingua no marco dunha tarefa que estamos a preparar dende hai días…..

EDLG IES DE VIÓS