Selo nacional de calidade para o proxecto Our Musical Background

Conseguir un selo nacional de calidade nun proxecto etwinning significa:

Que o traballo de intercambio online realizado polo alumnado e profesorado durante o proxecto foi dunha calidade supervisada polo Servizo Nacional de Apoio.

E este considera que se cumpriron todos os elementos de calidade en varios aspectos:

  • No desenvolvemento do proxecto: elaboración, realización de actividades, comunicación entre os países… relación entre o proxecto e o currículum das materias involucradas, a interdiciplinariedade.
  • En canto ao uso da lingua estranxeira.
  • Na súa avaliación a través de reunións do profesorado e enquisas realizadas polo alumnado.
  • En relación coa seguridade na rede do noso alumnado.
  • Nos aspectos de difusión a través das páxinas web ou dos paneis colocados no instituto.

Este proxecto realizouse o curso 2021-22 co alumnado de 2º de ESO que cursaba a materia de Música na sección bilingüe Galego-Inglés. Os socios do proxecto foron dúas escolas, unha francesa e outra italiana. Ademáis o proxecto foi aceptado para participar na convocatoria Eduexchanges da Consellería de Educación no mesmo curso escolar.

A nós alégranos e nos enorgullece recibir este recoñecemento e nos anima a continuar con esta metodoloxía que consideramos tan enriquecedora e motivante para o noso alumnado.

Pódese ver información relativa ao proxecto na entrada adicada Etwinning project: our musical backgroung.