Número Máxico

Por | 7 Febreiro, 2021

Ten a man unha calculadora. Pensa un número de 3 cifras, e escríbeo dúas veces seguidas na calculadora. Por exemplo se pensaches no número 123 escribe 123123. Agora divídeo entre 7. Hai unha posibilidade entre 7 de que dea exacto. Que ocurre? Divide o resultado entre 11 (hai unha posibilidade entre 11 de que dea exacto). Agora entre 13 (cal é a propabilidade de que dea exacto?). Observa o que ocurre. Cal é o número que aparece agora na pantalla?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *