Máis números máxicos

Por | 24 Outubro, 2021

Colle a túa calculadora e divide 1 entre 7. Se miras as seis primeiras cifras decimais son 142857 (que realmente son o período do número decimal, o que pasa é que non o podemos ver porque non cabe na pantalla da calculadora)

Ben, pois agora vas multiplicar este número 142857 por 2. E agora por 3. Agora por 4. E por 5, 6, 7. 8. Que observas? Se te decatas son as mesmas cifras, no mesmo orde pero comezando cada vez por una cifra distinta. Chámase número cíclico. Divídeo agora entre 9. Outra sorpresa! Aínda máis. Se o separamos á metade, e collemos os números 142 e 857, canto suman?

Un número similar obtense de dividir 1 entre outro número primo, o 13. Este terá 12 cifras periódicas e amosa as mesmas propiedades. Existen máis números así que se obteñen ao dividir 1 entre algúns números primos. Se estás intrigado podes investigar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *