O Instituto de Educación Secundaria de Viós, situado no concello de Abegondo (A Coruña), é un centro público que forma parte da rede escolar da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
O instituto dá servizos educativos ao alumnado do concello de Abegondo e, excepcionalmente, núcleos de poboación de outros concellos limítrofes (Betanzos, Sada).
O noso centro ofrece ensinanzas de:
- E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria):
- Iº ESO: dous grupos.
- 2ºESO: dous grupos.
- 3ºESO: dous grupos.
- 4º ESO: dous grupos.